logob

Torre das Damas

O edificio de maior superficie do conxunto é o Pazo dos Condes, do que forma parte a Torre das Damas, considerada a primeira Torre da Homenaxe de Monterrei e, xunto cos merlóns prismáticos do xardín Sur, o sector onde se conservan os restos máis antigos do conxunto monumental. Foi construída no século XIV, aínda que hoxe forma parte do núcleo renacentista do Pazo do Condes, pero segue a ter entidade propia de clara raizame medieval. A torre das Damas presenta unha planta de reducida super cie (57,50 m2), cinco andares (o superior con barbacá) e unha altura de 19 m. Nela destaca o parladoiro do terceiro andar, que mira ao exterior a través de dúas xanelas góticas trilobuladas.