logob

Igrexa de Santa María de Graza

É un templo tardo románico, construído en 1274, que destaca pola súa portada secundaria e polo retablo románico de granito que se sitúa na Capela dos Condes, no que se narra a paixón de Cristo ao longo de doce escenas. Tamén destacan os arcos sepulcrais, pinturas do século XIV e unha imaxe da Virxe grávida. Tamén altorrelevos con vieiras que representan o camiño de Santiago, aínda que tamén nos fan lembrar as valvas de ostra e vieira atopadas nas escavacións realizadas no palacio, mostras dunha alimentación excepcional propia dunha minoría privilexiada. Ampliada entre os séculos XIV-XV, posúe unha soa nave cuberta de madeira e ábsida rectangular con bóveda de cruzaría. Tamén destacan no artístico a portada norte, unha representación do paraíso adornada con animais, plantas e anxos.