logob

Baluarte e castelo de Lobarzán

Antes da construción do castelo e vila de Monterrei, a Terra de Baronceli tiña en pé os castelos de Cabreira (Cabreiroá), Oímbra (que se converterá en vila) e Loprazana (Lobarzán). Este último situábase a 5 km ao suroeste da nosa fortaleza, xusto na montaña que pecha o val en liña recta á nosa posición, a 650 metros de altura.
A erección do castelo de Monterrei, a mediados do século XIII, provoca o sometemento a Monterrei das demais fortalezas da bisbarra, centralizando o poder político e militar nesta acrópole. O castelode Lobarzán é citado na documentación por última vez en 1457, estando en mans do duque de Bragança. Cando acontece a Revolta irmandiña de 1466, os castelos de Cabreira e Lobarzán xa foran derruídos.
Por baixo da nosa posición podemos ver o Baluarte do Medio, un dos baluartes construídos no século XVII para reforzar as defensas medievais de Monterrei. Nese momento a vila foi cercada cun segundo recinto, que podemos observar con detalle neste plano do ano 1762.